+34 677 51 82 91
info@xacobasket.es

CARRAL Semana Santa

CAMPUS SEMANA SANTA CARRAL XACOBASKET

DESCRICIÓN

O proxecto Xacobasket inicia a súa andaina coa celebración da 1ª edición do Campus Semana Santa Xacobasket na localidade de Carral.

Esta primeira edición está dirixida a nenas e nenos nadas/os entre os anos 2012 e 2006 e ten como obxecto a iniciación e o perfeccionamento daqueles/ as deportistas participantes a través de adestramentos adaptados a cada unha das idades.

Todas as sesións estarán dirixidas por adestradoras e adestradores con titulación específica, os cales desenvolverán a programación lúdico-deportiva desenvolta para este magnífico evento.

Outro dos obxectivos de Xacobasket Semana Santa é conciliar a vida familiar e laboral ofrecendo ás familias a posibilidade de manter aos/as novos deportistas inmersos nun ambiente deportivo e social inmellorable durante tres días en xornadas de mañá e tarde interrompidas unicamente polos descansos motivados pola toma dun tentempié a media mañá, a comida do mediodía e a merenda.

Todas/os deportistas fóra dos residentes en Carral acudirán ás instalacións deportivas en autobuses desde A Coruña e Oleiros, recollendo aos mesmos en dúas paradas establecidas para o efecto situadas en:

A Coruña………………………… Igrexa de San Pedro de Mezonzo

Recollida de deportistas ás 8:30

Chegada 20:00 (aprox.)

Oleiros……………………………. Parada de taxis de Sta Cristina

Recollida de deportistas ás 8:15

Chegada 20:15 (aprox)

DATAS E HORARIOS

15, 16 e 17 de Abril de 2019

Sesións de adestramento ( aprox.):

De 9:00 a 11:00

De 11:45 a 13:30

De 16:30 a 17:45

De 18:00 a 19:00

Petisco de media mañá:

De 11:00 a 11:30

Comida:

De 14:00 a 15:30

Merenda:

De 17:45 a 18:00

LOCALIZACIÓN

Pavillón Municipal de Carral (Colexio)

TARIFAS E INSCRICIÓN

Deportistas con transporte e comida (autobús diario ida e volta):

130€

Residentes en Carral e arredores con comida:

90€

En ambos os casos as merendas e petiscos van incluídos no prezo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies