+34 677 51 82 91
info@xacobasket.es

XACOBASKET SUMMER CAMP

Arranca Xacobasket Summer Camp, unha iniciativa única, aberta a todas aquelas xogadoras e xogadores nadas e nados entre os anos 2003 e 2011 procedentes de calquera punto de España e doutros países.

Xacobasket Summer Camp ofrece distintas posibilidades para aqueles deportistas que desexen conciliar, a nivel persoal e familiar, tanto o deporte como a cultura galega.

Os seus fillos queren manter un magnífico nivel de adestramento, mentres a familia percorre o Camiño de Santiago?

Xacobasket Summer Camp é unha magnífica opción para conciliar os gustos e necesidades de familia e deportista.

Ofrecemos metodoloxía adaptada aos niveis e idade de cada participante en dous niveis:

  • Tecnificación
  • Iniciación

O nivel de cada participante deberá ser indicado no formulario de inscrición, aínda que posteriormente, o equipo técnico de Xacobasket fará unha valoración inicial de todos e cada un dos participantes.

O descanso despois das xornadas de adestramento é fundamental para un rendemento máis eficaz e por iso Xacobasket Summer Camp, pon a disposición dos participantes unhas instalacións privilexiadas nos arredores da Coruña, onde os residentes poderán gozar de todas as comodidades posibles en cuartos dobres. Dispoñerán de zonas de lecer, piscina, lavandería, etc.

A alimentación é fundamental para a esixencia diaria e por iso, Xacobasket, prestará a maior das atencións respecto diso. Os participantes residentes gozarán de buffet no almorzo e a cea. E todos os participantes comerán nas instalacións cedidas pola Xunta de Galicia no colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral.

Todos os desprazamentos faranse en autobús, tanto dos residentes como dos participantes externos.

A dirección do campus será levada a cabo por adestradores cualificados. A execución da programación levará a cabo por adestradoras e adestradores chegados de distintos puntos de España.

Ademais, Xacobasket ofrecerá, nas horas de descanso, opcións de cultura e lecer, relacionadas co baloncesto e o Camiño de Santiago.

Para máis información poden dirixirse a info@xacobasket.es ou consultando a nosa web www.xacobasket.es.

DATAS E HORARIOS

  • O evento terá lugar entre os días 22 e 30 de xuño do 2019.
  • As datas e horarios previstos serán os seguintes:
  • Día 22, 
    • Recepción de deportistas a partir das 9:00 na residencia Siglo XXI (aqueles que se aloxen na residencia).
    • Ás 10:00 presentación do campus nas instalacións deportivas do concello de Carral. 
    • 11:00 – 13:30, adestramentos.
    • 14:00, descanso para xantar.
    • 16:30 – 20:00, adestramentos con 30 minutos de descanso para merendar.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria. 
  • Día 23,
    • 9:00 – 11:00, adestramentos.
    • 11:00 – 11.30, petisco.
    • 11:30 – 13:30, adestramentos. 
    • 14:00, descanso para xantar.
    • 16:30 – 20:00, adestramentos con 30 minutos de descanso para merendar.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria.
  • Día 24,
    • 10:00 – 13:00, visita por grupos aos Castros de Tabeaio, As Travesas e a colección visitable. 
    • 13:30, descanso para xantar.
    •  16:30 – 20:00, adestramentos con 30 minutos de descanso para merendar.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria. 
  • Día 25,
    • 9:00 – 11:00, adestramentos.
    • 11:00 – 11:30, petisco.
    • 11:30 – 13:30, adestramentos. 
    • 14:00, descanso para xantar.
    • 16:30 – 20:00, adestramentos con 30 minutos de descanso para merendar.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria.
  • Día 26,
    • 10:00 – 13:00, percorrido do tramo do Camiño Inglés e visita ao val de Barcia. 
    • 13:00 – 14:00, viaxe a Santiago de Compostela.
    • 14:00 – 16:30, descanso e xantar en Santiago de Compostela.
    •  16:30 – 19:00, vista da cidade e a Catedral.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria.
  • Día 27,
    • 9:00 – 11:00, adestramentos.
    • 11:00 – 11:30, petisco.
    • 11:30 – 13:30, adestramentos. 
    • 14:00, descanso para xantar.
    • 16:30 – 20:00, adestramentos con 30 minutos de descanso para merendar.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria.
  • Día 28,

  • Día 29,
    • 9:00, saída cara á praia do Orzán na Coruña.
    • 10:00, en diante: celebración TORNEO DE BASKET PRAIA.
    • 20:00, recollida de participantes internos e externos, e traslado aos puntos de recollida ou á residencia universitaria.
  • Día 30,
    • 10:00 – 14:00, Torneo demostrativo aberto ao público e familiares, entrega de diplomas, etc.
    • 14:00 – 16:30, comida e acto de clausura do campus na área recreativa e deportiva de As Travesas. 

Esta programación es una previsión que está sujeta a modificaciones por causa de fuerza mayor, como la climatología.

TARIFAS E INSCRICIÓN

  • 380€ internos
  • 260€ externos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies