
PRESENTACIÓN E PREMIOS XACOBASKET
Xacobasket é distinto en moitos aspectos. Comprácenos facer pública a presentación do BALÓN OFICIAL XACOBASKET feita durante a celebración da primeira edición desenvolta en Semana Santa
Os xogadores (só os máis pequenos) gañadores dos distintos concursos foron agraciados cun balón oficial e unha bolsa mochila oficial despois dunha dura competición para conseguir estes magníficos premios.

MVP
Breixo

Campión KO
Diego

Premio á Deportividade
Antón

Mellor Manexo de Balón
Mateo

Mellor Evolución
Sergio

Mellor Pasador
Iván
Destacamos ademais un premio especial outorgado a un xogador non participante nesta primeira edición pero cuxo exemplo persoal fíxonos reflexionar sobre os valores no deporte así como a súa posta en práctica. Este xogador chámase Lucas Vilariño e é todo un exemplo. Forma parte da filosofía de Xacobasket continuar coa política de premios aos distintos esforzos e así o faremos no Xacobasket Summer Camp e en posteriores eventos que daremos a coñecer moi pronto.
FELICIDADES LUCAS e FELICIDADES AOS PREMIADOS!