Xornadas de tecnificación
Xacobasket e Club Baloncesto Montrove organizan as súas xornadas de tecnificación para tod@s aquell@s xogador@s, nacidos entre o 2003 e 2008.
A post-tempada é un bo momento para seguir mellorando e seguir aprendendo xestos técnicos, así que, estás xornadas serán de tecnificación. Os grupos de traballo serán estritamente reducidos.
A duración das xornadas de adestramento será de 5 días, do 1 ao 5 de Julio no pavillón de Carral dando comezo ás 9'30 h ata as 19'00 h.
A volta diaria farase tamén en autobús e a hora estimada de chegada será ao redor das 20'00 h. Tanto a ida como a volta serán na parada de autobús de Sta Cristina xunto á parada de taxis, para os residentes no concello de Oleiros e arredores. Os residentes na Coruña terán como parada de ida e volta a parada de autobús da igrexa de S. Pedro de Mezonzo.
O custo da actividade é de 185€ e inclúe:
Xornadas de tecnificación
Xantar
Petisco media maña
Merenda
Transporte diario ida e volta
Piscina
Media xornada de recuperación con visita a un lugar de interese deportivo-cultural..